ÍNDICE
1. Introducción.
- Historiada SIDA
- Qué é a SIDA?
2. Cales son as vías de transmisión?
- Relacións sexuais.
-Consumo de drogas.
-Vía perinatal.
3. Como non se transmite o VIH?
4. Síntomas.
- Como afecta o VIH o meu Corpo?
· Diarrea
· Náuseas
· Perda de peso
- Qué probas médicas debo facer?
5. Prevención do VIH.
· Preservativo masculino
· Preservativo feminino
· A vacina contra o SIDA
· Inxección dun só uso
· Controis médicos periódicos
6. O VIH e a Muller
· Condicionantes biolóxicos
· Condicionantes psicosociais
· Un cambio de actitudes a través da información
· Controis xinecolóxicos
- Problemas menstruais
- Infeccións do aparello xenital
· Pre-cancro e cancro cervical
2.
7. Embarazo eVIH
8. Entrevistas.
· Entrevista I
· Entrevista II
9. Estatísticas.
· A nivel mundial
· Continente africano
10. Bibliografía.
3.
1. INTRODUCCIÓN
HISTORIA DASIDA
Michael Worobey ( no centro da imaxe ) nunha das súas expedicións en África para encontrar
mostras do virus nos excrementos de chimpancé.
A Michael Worobey gústalle pensar que é arqueólogo. No canto de
desenterrar vestixios dunha civilización pasada, traballa co rastro
dos fragmentos de ADN fósil deixado polo virus da
inmunodeficiencia humana (VIH) dende o misterioso momento no
que saltou da xungla africana para infectar ó ser humano. A
arqueoloxía molecular ten unha parte de laboratorio e outra de
campo,e por iso non está exenta de perigos. Worobey viaxou ó
Congo por primeira vez no ano 2000, como estudiante graduado do
equipo do biólogo británico William Hamilton. O país estaba sumido
nunha guerra civil, pero o obxectivo de Hamilton era analizar
excrementos de chimpacé.
A viaxe custoulle a vida, pois contraeu un tipo de malaria
hemorráxica que o matou pouco despois de regresar a Londres.
Worobey tamén resultou ferido. Durante os tres seguintes anos
volvería aos bosques de Kisangi, buscando os lugares de
residencia do chimpancé.
Furgar nos excrementos de chimpancé podía ser proveitoso.
Despois de case un centenar da análises, Worobey e o seu equipo
4.
localizaron no 2004restos xenéticos do virus da inmunodeficiencia
simia (SIV) nos chimpancés.
Probaron,en certa medida, que o SIV xa circulaba nas poboacions
destes simios, pero que era xenéticamente moi distinto das
variantes de tipo VIH humano predominante, do grupo M
(responsable do 95% das infeccións do mundo). Estas diferencias
deron un duro golpe á hipótese que suxería que o virus fora
transmitido ás poboacións humanas nas campañas de vacinación
oral contra a polio levadas a cabo en África (especialmente no
Congo) xa que a vacina estaba preparada con tecidos de
chimpancé. O misterio da orixe da epidemia permanece. Como
puido suceder? E cando?
Unha primeira resposta ocultouse no interior de varios anacos de
fígado, bazo e cerebro dun chimpancé femia bautizada como
Marilyn.
Pasara inadvertida durante case dez anos no fondo dunha neveira
do Instituto Nacional do Cancro dos Estados Unidos. O animal foi
capturado nun lugar non especificado de África e enviado á Base
Holloman en 1963, lugar onde sometían aso chimpancés a todo tipo
de torturas dentro do programa de adestramento de voos espaciais.
Moitos morreron, ningún voou, pero os monos fixeron posible que o
home chegara a Lúa 6 anos despois.
A Marilyn debémoslle máis,en 1985, cando xa se sabía que a SIDA
estaba ocasionada por un virus, os investigadores acharon
anticorpos no sangue da vella mona, que aínda vivía. Eso mereceu
5.
que os restosforan conservados tras a súa morte, posto que nun
futuro poderían ser útiles.
Ata que un investigador limpou esa neveira. Sospeitou que eses
anacos de chimpancé poderían ser valiosos e polo tanto, envioullos
á investigadora Beatrice Hahn. Ela lanzou unha bomba científica
nunha conferencia de retrovirus celebrada en Chicago en 1999, e o
mundo pensou que se atopara co eslabón perdido da SIDA: Marilyn
fora infectada por unha variante de SIV tan parecida ó VIH, que
forzosamente compartían un antecesor común: o virus saltou dende
os chimpancés ós humanos.
Hai outra peza deste crebacabezas: un home africano que morreu
no1959, ao que agora a ciencia considera o primeiro enfermo
constatado de SIDA. Despois do seu traballo con chimpancés,
Worobey embarcouse nunha busca para “pescar” fragmentos
antigos de material xenético de VIH en mostras de tecidos humanos
que viñan de África Central (de 40 anos antes).
Pero non é nada doado obter tecidos de africanos mortos facía
catro décadas. As neveiras e a electricidade non abundan nin
sequera hoxe nalgúns lugares de África.
Os tecidos salváronse da destrucción ó ser impregnados en cera de
parafina (un método usado na actualidade para conservar biopsias)
e viaxaron dende a universidade africana ata o laboratorio de
Worobey en Arizona. Pero resulta moito máis difícil rastrear un virus
como a SIDA e agardar recompensa. Dos 27 bloques de tecido e
cera, o equipo de Worobey cantou bingo nun só: 48 fragmentos
xenéticos do VIH tipo 1, do grupo M. Pero, a quen pertencían?
Sabemos que era unha muller nova, duns 28 anos, que en 1960
tiña algunha clase de anormalidade nos seus nódulos linfáticos, e
que acudiu ao médico para que lle fixeran unha biopsia. E é
interesante, posto que a hinchazón destes nódulos soe ser o
primeiro síntoma de que alguén foi infectado polo VIH, antes de que
se desenrole a SIDA.
A nova peza do crebacabezas cambia profundamente o retrato
dunha pandemia que ata a fecha infectou a uns sesenta millóns de
persoas no mundo e matou case a metade. Falamos do VIH, pero
en realidade hai moitas variantes. Coñécense dúas especies , o
VIH-1 que é o predominante e o VIH-2, máis raro, propio de África
occidental e menos contaxioso. O VIH-1 divídese en tres grandes
grupos (M,N e O). O grupo M é o máis estendido.
6.
A SIDA poderíater dado a súa primeira poutada en África tan cedo
como en 1884, tan só dous anos despois de que morrera Charles
Darwin. E posiblemente mataba a xente antes de que se afundise o
Titanic. O seu crecemento resultou exponencial.
En 1960 xa circulaban varios tipos de virus que aniquilaban as
defensas inmunolóxicas en África central a un ritmo relativamente
reducido. En silencio, ocultándose trala máscara doutras infeccións
que aparecen cando se derruba o sistema inmune.
Segundo Worobey, a clave é a tuberculose. Incluso hoxe é a
doenza que mata a máis infectados pola SIDA, e é difícil dicir se
alguén padece só tuberculose ou se a ten por culpa dunha infección
do virus.
Infección da tuberculose.
Jaren DIamond, profesor de Xeografía da Universidade de
Berkeley, suxeriu que durante miles de anos, os cazadores
humanos que descarnaban ós chimpancés poderían haberse
contaxiado ocasionalmente polo virus. Pero fixo falta moito máis
para que se producira unha pandemia como a actual.
Segundo este experto, se a SIDA se estableceu nas poboacións
humanas de forma definitiva nos últimos 50 anos, é precisamente
polo crecemento destas poboacións ata alcanzar os estándares
modernos, o que facilita o contaxio masivo.O virus necesita
7.
cultivarse nunha poboaciónnumerosa, pero antes de 1900 non
había en África cidades grandes. Creceu en silencio durante a
primeira metade do século XX.
Dende as profundidades da selva, o virus podería ter alcanzado
Léopoldville posiblemente a través dos cazadores de chimpancés
que ían aos núcleos urbanos para vender a súa carne ou comerciar
con ela. Dende logo, é unha especulación.
A segunda parte desta historia comeza no outono de 1989. O
doutor Michael Gottlieb atopou na súa consulta un home branco que
tiña a boca chea de substancia pastosa branca , estaba moi
delgado e pálido e víanselle dificultades para respirar. Unha
broncoscopia revelou que os seus pulmóns estaban invadidos por
un protozoo chamado Pneumocystis carinii, causante dunha
pneumonía moi rara (PCP), a veces vista en grupos de anciáns ou
nenos prematuros. As análises de sangue mostraron que o enfermo
tiña unha proporción moi baixa de células T, encargadas de avisar
ás defensas humanas cando se produce unha infección. O fungo
que lle corroía a boca contaxiábase por vía sexual. O paciente
morreu. Pero non foi o único caso.
Que estaba ocorrendo para que homes sen antecedentes clínicos,
que apenas excedían dos trinta, rematasen como esqueletos, coas
súas defensas derrubadas sen que a ciencia médica puidese facer
nada?
Só tiñan unha cousa en común: eran gays, ademais algúns
inxectábase drogas.
A maioría mostraba un tipo moi raro de cáncer de pel, o sarcoma de
Kaposi. Os expertos dos CDC pediron máis fondos, pero
comezaban a sufrir as consecuencias da reaganomics, a política de
recorte orzamentario da nova administración de Reagan. O mesmo
Curran, ó fronte do seu departamento, só puido conseguir 200.000
dólares para intentar realizar un estudo a escala nacional.
No Nadal de 1981 xa morreran 270 persoas, aínda que non todas
eran homosexuais.
A mediados de 1982, os investigadores pescudaron que o mal
estendíase a través de drogadictos que usaban xiringas.
En Xuño dese mesmo ano, os investigadores xa tiñan constancia de
que un de cada catro homes con PCP era heterosexual. Tamén se
8.
descubrira que aenfermidade prendera con forza en Haití. Nalgúns
casos diagnosticados as persoas eran hemofílicas e recibiran
transfusións de sangue do factor VIII, necesario para a coagulación.
En Decembro de 1982, EEUU contabilizaba 788 casos confirmados.
O 42% non pertencían a ningún grupo de risco, nin eran
homosexuais, nin drogadictos nin hemofílicos.
A enfermidade foi bautizada como SIDA (Síndrome de
Inmunodeficiencia Adquirida).
Ese mesmo ano os CDC
anunciaron os casos de
catro bebes con SIDA.
Ningún recibira
transfusións, pero as
súas nais tiñan a
enfermidade ou eran
drogadictas que usaban
xiringas por vía
intravenosa.
Deduciuse disto que a
enfermidade podía pasar
de nai a fillo.
Cambiou a percepción
de repente: todo o
mundo podía caer nas
garras da SIDA.
En Maio de 1983, John
Maddox, director da
prestixiosa revista Nature
denunciou ós gays como
“a ameaza máis obvia
para a sanidade”
Ata 1985 o virus non sería identificado. A prensa norteamericana
acadou co nome e apelidos do culpable: Gaetan Dugas, quen
segundo os investigadores mantivera arredor de 750 contactos
sexuais entre 1978 e 1982. Foi considerado como a persoa que
introduciu a epidemia a Estados Unidos.
Xa transcorreu un cuarto de século e para Fauci aínda estamos na
metade da tormenta.
“Hai 33 millóns de persoas que viven co virus da SIDA. O ano
pasado houbo 2 millóns de mortos e 2,7 millóns de infectados.
9.
As mulleres contabilizana metade das infeccións. En España
diagnosticáronse 1.464 casos de SIDA en 2007, segundo o Instituto
de Saúde Carlos III.
Hai boas novas: o numero de infectados nalgúns países africanos
está en descenso e arredor de 3 millóns de persoas están recibindo
tratamentos antirretrovirais en países en vías de desenvolvemento.
Este milagre debese fundamentalmente a dúas persoas:
Bill Gates e George Bush, cuxa imaxe política é desastrosa pero en
2003 mobilizou 48.000 millóns de dólares para combate-la SIDA,
tuberculose e a malaria.
Ata o momento tódolos intentos por achar a vacina fracasaron.
Fauci conclúe co seguinte:
“Temos aínda moito que aprender”
QUE É O VIH?
O VIH ou virus da Inmunodeficiencia Humana é un microorganismo,
axente infeccioso encadrado no xénero Lentivirus( caracterizado por
un longo período de incubación). Este virus ataca o Sistema
Inmunolóxico (S.I) das persoas , debilitándoo e facéndoas
vulnerables ante unha serie de infeccións, algunhas das cales
poñen en perigo a vida.
Un virus é unha forma de vida moi simple se a comparamos cunha
bacteria, unha célula ou un animal.Como os virus non son capaces
de reproducirse por si mesmos necesitan utilizar a outros seres
vivos para poder multiplicarse e sobrevivir. En moitos sentidos un
virus é un parasito. No noso organismo o virus parasita as células
do noso S.I comunmente coñecidas como “glóbulos brancos”
destruíndoos ou facendo que deixen de cumprir a súa función.
Por ese motivo, pasado un tempo, a acción do virus sobre o noso
S.I fai que perda a súa eficacia e deixe de protexernos contra as
infeccións e enfermidades as que estamos permanentemente
expostos. Nese momento aparecen unha serie de signos, síntomas
10.
e enfermidades asque, en conxunto, se lles chama Síndrome de
Inmunodeficiencia Adquirida ou SIDA.
As enfermidades relacionadas coa inmunodeficiencia ocorren cando
o sistema inmunolóxico é menos activo do normal, dando lugar a
infeccións que poden poñer en perigo a vida.
A inmunodeficiencia tamén pode ser resultado dunha enfermidade
xenética como a inmunodeficiencia severa combinada, por exemplo.
O VIH é un retrovirus. Que quere dicir isto? Pois que o seu código
xenético non está escrito en ADN, senón en ARN.
De ahí ven o nome de retrovirus, e tamén “antirretroviral” para os
fármacos que buscan reducir a súa actividade ou eliminalo.
Linfocito T infectado polo virus da SIDA.
Unha persoa infectada por este virus é seropositiva e pasa a
desenvolver un cadro de SIDA cando o seu nivel de linfocitos T CD4
descende por baixo de 200 células por mililitro de sangue.
11.
2. CALES SONAS VÍAS DE TRANSMISIÓN?
Relacións
sexuais.
É a vía de
transmisión máis
importante a nivel
mundial. En todas as
relacións sexuais que
inclúan penetración
anal, vaxinal, ou sexo
oral é necesario
utilizar o preservativo
para evitar a infección
ou previr a
transmisión do virus á respectiva parella. O preservativo tamén evita
a transmisión de outras ETS (enfermidades de transmisión sexual)
que poden empeorar aínda máis a saúde das persoas
seropositivas.
O risco é maior cantas máis relacións sexuais se teñan sen
protección, pero unha soa relación pode ser suficiente para
transmiti-lo virus. A multiplicidade de parellas aumenta
considerablemente o risco de transmisión.
A contaminación realízase a través de lesións microscópicas que
se producen durante a penetración. As relacións sexuais anais son
as máis infectivas porque son as máis traumatizantes.
Consumo de drogas.
O compartir agullas, xiringas ou outros instrumentos necesarios
para a inxección de drogas por vea é a causa máis frecuente tanto
en Galicia coma en España de transmisión do VIH.
O consumo de drogas é un problema con grandes repercusións
para a saúde ; ademais toda a droga , pode modificar a capacidade
do individuo de tomar as medidas de prevención axeitadas.
12.
Se unha persoaseropositiva utiliza xiringa e agulla, nelas
quedarán residuos de sangue, e se o sangue entra en contacto coa
culler ou o recipiente que se use para preparar a dose, tamén estes
quedarán contaminados. Ao mesmo tempo non é conveniente tirar
a xiringa e agulla a calquera sitio xa que outras persoas poderían
pincharse con elas.
Os instrumentos de tatuaxe, agullas de acupuntura, follas de afeitar
e tesoiras, tamén poden ser vehículos de transmisión se non se
cumpren as normas hixiénico-sanitarias correspondentes.
Vía perinatal.
A última vía de transmisión é a
chamada vía perinatal, a que se
produce durante o embarazo ao
transmitir o virus ao feto. Unha muller
seropositiva que está embarazada ten
entre un 15% e un 20% de posibilidades
de transmitir a infección ao feto durante
o embarazo, o parto , ou a lactación
materna. Esta posibilidade pode
reducirse, sobre todo se a muller foi
tratada durante o embarazo mediante
tratamento antirretroviral, e levou a cabo
un control xinecolóxico.
13.
3. COMO NONSE TRANSMITE O VIH?
A saliva, as bágoas
ou a suor non
transmiten o VIH,
xa que nestes
fluídos o VIH se
encontra en menor
cantidade da
necesaria para
producir infección.
A convivencia
diaria con persoas
infectadas
compartindo
cubertos, toallas,
baños, non supón,
en ningún modo,
risco de contaxio.
Tódalas doazóns de sangue, plasma ou órganos se controlan
adecuadamente no noso país dende 1987, de modo que o
risco de infección é practicamente nulo.
4. SÍNTOMAS.
Como afecta o VIH ó meu corpo?
Como todo axente infeccioso , cando o VIH penetra no corpo
humano é recoñecido como estraño e desencadéase unha resposta
do sistema inmunolóxico para tratar de conte-la infección.
Prodúcense deste xeito anticorpos contra o VIH que se detectan
mediante probas de laboratorio.
Cos tratamentos actuais conseguiuse que a maioría das persoas
afectadas polo VIH vivan máis tempo e cunha mellor calidade de
vida.
Dende que unha persoa sabe que é seropositiva debe acudir á
consulta hospitalaria correspondente. Terá que visita-lo seu médico
periodicamente, incluso aínda que se encontre ben. Hai que realizar
controis periódicos para ter a seguridade de que o tratamento se
inicia no momento axeitado e preciso.
14.
-PERDA DE PESO.
Solucións:
·Enriquecer as comidas con queixo relado, ovo nas sopas…
· Comer entre horas cousas que gusten: iogur, cremas…
· Unha vez descartada a existencia de enfermidade de base, o
médico valorará se está indicado o tratamento cun estimulante do
apetito.
- NÁUSEAS.
Solucións:
· Evitar comidas graxas e moi condimentadas.
· Facer comidas escasas e repartidas para non te-lo estómago
baleiro.
· Despois das comidas relaxarse en posición semi-sentada.
· O médico decidirá a necesidade de medicación antinauseosa.
- DIARREA.
Solucións:
· Comidas frecuentes, en escasa cantidade e de elaboración
sinxela (cocida ou á prancha).
Que probas médicas debo facer?
No caso de ter vivido situacións de posible contaxio pódese saír
de dúbidas mediante unha analítica de sangue . Para facela é
preciso o consentimento do paciente e o resultado desta proba é
confidencial.
É importante diagnosticar a infección o antes posible para tomar
decisións beneficiosas para a saúde do afectado (atencións,
coidados, tratamentos, etc.).
Esta proba detecta os anticorpos producidos polo organismo
como reacción á presencia do virus, pero non o virus en si mesmo
nin os seus compoñentes. Cando o resultado é negativo, non hai
que realizar , en principio, ningunha outra proba, aínda que poden
producirse algúns resultados negativos que sexan falsos, se a
proba se fai durante o “período ventá” : este é o tempo que pasa
dende que a persoa se infecta ata que se producen anticorpos no
organismo. Oscila entre 3 semanas e 3 meses (excepcionalmente 6
meses ou máis). Cada caso debe ser valorado individualmente.
Se o resultado é positivo hai que realizar unha segunda análise
para confirma-lo resultado.
15.
5. Prevención doVIH.
A única causa da transmisión é o intercambio de fluídos corporais,
en concreto o sangue e as secrecións xenitais.
O VIH non se pode transmitir pola respiración, o contacto casual ou
por dar a man, pola contra, é posible que se transmita entre persoas
a través do bico boca a boca, se as persoas teñen pequenas feridas
nas enxivas.
Os métodos de prevención do VIH máis destacados son; o
preservativo masculino, o preservativo feminino, as vacinas, a
utilización de inxección de un só uso e os controles médicos
periódicos.
- Preservativo
masculino:
O preservativo
masculino de látex é
a tecnoloxía individual
dispoñible máis eficaz
para a reducción da
transmisión sexual do
VIH e outras
infeccións de
transmisión sexual.
Moitos estudos
demostran que o
preservativo foi o
causante da
reducción do VIH alí donde o sida xa se estendera con forza.
O risco de transmisión durante o sexo oral é moito menor, aínda
que se describiron algúns casos de transmisión por esta vía. Por iso
tamén é aconsellable usar preservativo neste caso.
16.
- Preservativo
feminino:
Aínda quese
probou
a súa efectividade a
hora de previr un
embarazo e de ser
aceptado polas usuarias, o preservativo feminino aínda non
alcanzou todo o seu potencial dentro dos programas nacionais
debido ao seu coste relativamente alto.
Espérase que o uso deste método logre unha amplia difusión, o que
suporía unha importante prevención das infeccións de transmisión
sexual, entre elas o VIH.
- A vacina contra
o VIH.
As medidas citadas
anteriormente poden
frenar a propagación
do VIH, pero a
verdadeira
esperanza
para acabar ca
epidemia está nas
vacinas.
Aínda que
o seu desenvolvemento presenta grandes retos. A capacidade de
mutación do virus é extremadamente rápida, o que permite esquivar
as armas coas que se intenta neutralizar.
17.
Moitos científicos deempresas farmacéuticas e biotecnolóxicas,
laboratorios académicos e institucións gobernamentais adican todos
os seus esforzos á búsqueda dunha vacina contra o VIH. Para iso,
céntranse en diferentes etapas do ciclo vital do virus. O malo é que
non se esperan obter grandes avances nun futuro próximo.
O desenvolvemento dunha vacina eficaz implica moito máis que
obter resultados científicos precisos. Supón tamén, asegurarse de
que sea asequible para os países en vías de desenvolvemento, fácil
de transportar, almacenar e administrar.
- Inxeccións dun só uso.
Compartir material de
inxección conleva un
risco moi alto de
contaxio. Na actualidade
esta práctica queda
atribuída as persoas que
se inxectan drogas
ilegales. A prevención
céntrase na utilización
de material de inxección
( xiringas e agullas ) dun
só uso e recipiente individual ou de esterilización correcta en cada
nova utilización.
18.
- Controis médicosperiódicos.
Toda persoa seropositiva aínda que se encontre en perfecto
estado, debe acudir a revisións médicas periódicas co seu médico
correspondente, quen marcará a frecuencia das visitas dependendo
do estado inmunolóxico no que se encontre a persoa. No caso das
mulleres seropositivas, é preciso acudir cada seis meses ó
xinecólogo, xa que a detención a tempo dalgunhas enfermidades
vaxinais é fundamental para tratalas mellor.
6. A MULLER E O VIH.
Ó principio cando esta enfermidade aínda non era moi coñecida, a
SIDA asociouse aos homes hemofílicos, homosexuais e aos
consumidores de drogas por vía parenteral de xeito que daba a
sensación de que as mulleres non podían infectarse. Isto favoreceu
durante anos a que as mulleres non tivesen conciencia de poderse
infectar e non integrasen nas súas relacións sexuais as prácticas
máis seguras.
19.
A consecuencia distoé que as últimas estatísticas revelan que un
de cada cinco novos casos son mulleres, e que no 90% dos casos
de mulleres a nivel mundial a vía de transmisión foi heterosexual.
Existen ademais, condicionantes biolóxicos e psicolóxicos que
favorecen por sí mesmos que cada día exista un maior número de
mulleres infectadas.
CONDICIONANTES BIOLÓXICOS.
O risco de que a transmisión sexual sexa de home a muller é ata
catro veces maior que de muller a home por varios factores
biolóxicos:
1.O seme ten máis capacidade de infectarse que o fluxo vaxinal
porque a concentración vírica do seme é moito maior que a dos
fluídos vaxinais.
2.Na penetración vaxinal as mulleres expoñen unha superficie
mucosa (superficie vulvar, vaxinal e cervical) que resulta máis fráxil
e con maiores posibilidades de que se produzan diminutas feridas
ou danos nas mucosas. Esas mínimas erosións son vías abertas
que posibilitan a entrada do virus contido no seme a través do
sangue da muller.
No home o pene está recuberto de pel que é un elemento moito
máis resistente cás mucosas.
3. As Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) incrementan o
risco da infección por VIH xa que inflaman e erosionan as mucosas
xenitais e facilitan a penetración do virus. Algunhas ETS nas
mulleres permanecen case sen presentar síntomas e non son
tratadas durante moito tempo, debido a isto moitas mulleres poden
estar nesa situación sen sabelo.
4.O tempo de exposición da mucosa xenital ó seme, é maior que o
tempo en contacto do pene e a mucosa xenital durante o acto
sexual.
20.
CONDICIONANTES PSICOSOCIAIS.
Existen diversasrazóns de índole psicosocial que provocan unha
maior vulnerabilidade da muller hacia a infección do VIH. Estas
razóns están asociadas frecuentemente ás mulleres que se atopan
nunha situación de discriminación en termos socioeconómicos e
culturais:
1. Na toma de decisións e control na relación de parella.
2. No rechazo do uso de condóns polo home.
3. Nos mitos a través dos cales se identifica o amor cunha
situación máxica na que se difunden ideas sobre a expresión
do amor, pero nas que non se soe identificar o sexo e o
preservativo.
UN CAMBIO DE ACTITUDES A TRAVÉS DA
INFORMACIÓN.
Debemos ser conscientes da importancia que ten percibir o risco de
determinadas, prácticas e conductas que teñen as mulleres.
Nalgúns casos as mulleres non puideron negociar sexo máis seguro
debido ó rol dominante que sempre se lle deu ó home na parella.
Hai que recordar que as mulleres que só tivesen unha parella poden
estar en risco xa que a outra persoa puido ter outras parellas
anteriormente.
É necesario chegar a un pacto de sexo máis seguro, para isto a
información non é suficiente, senón que é necesario traballar as
actitudes.
1. Todas e todos podemos estar expostos a infectarnos, debemos
coñecer cómo se transmite e cómo evitar a infección.
2.O sexo require tomar precaucións que todas e todos podemos
cumprir.
3.Os cambios para protexerse da transmisión sexual poden ser
positivos e non necesariamente restrictivos, porque requiren:
-sentirse responsable dos propios actos
-autoestimarse o suficiente como para non aceptar que o outro nos
expoña a riscos.
-mellorar as relacións home-muller, conseguir o respecto mutuo, a
capacidade da muller para participar nas decisións sobre o seu
desexo e o diálogo aberto sobre os desexos e riscos.
-explorar o que significa sexualidade para as mulleres.
21.
Todos debemos coñeceros detalles sobre a transmisión sexual do
VIH. É necesario situar o risco na súa xusta medida e acotar o
máximo posible estas prácticas arriesgadas.
EVITAR SÍ
·Seme ou líquido preseminal na
vaxina ou ano.
·Contacto directo entre vaxina e
pene.
·O seme na boca.
·Intercambio de xoguetes
sexuais, sen protección ou
desinfección.
· Contacto entre fluxo vaxinal e
boca.
·Sí a fantasías, comunicar
gustos, preferencias, desexos,
pactar e negociar para
protexernos.
·Sí a caricias, bicos e masaxes.
·Sí a negarse a ter prácticas de
risco sen protección ou a facer
algo que non se desexa.
·Sí a
protección:preservativos,guantes
de goma, “pañuelos de látex”,
“film de cociña”.
Hai que pensar que o coidado mutuo tamén é un xesto afectivo.
-É prefirible pactar co sexo máis seguro dialogando fóra do
momento das relacións sexuais.
-Pactar non é establecer unha batalla, polo tanto, hai que facelo no
terreo do diálogo, non de coaccións, ultimátums, enfados ou
boicots.
-O pacto non se alcanza dunha soa vez. Hai que dialogar, dando
tempo ao outro para que procese os seus sentimentos, sostendo
firme a decisión de evitar as situacións de risco.
22.
CONTROIS XINECOLÓXICOS
Ás vecesos primeiros signos dunha enfermidade relacionada co
VIH na muller poden ser xinecolóxicos, asociados con infeccións da
vulva, vaxina e pescozo uterino.
Algunhas enfermidades xinecolóxicas producen poucos síntomas e
só chegan a descubrirse a través dun control xinecolóxico, por iso é
importante iniciar un control xinecolóxico cun especialista con
experiencia en VIH.
-PROBLEMAS MENSTRUAIS:
A miúdo se producen alteracións menstruais (aumento de sangrado,
regras prolongadas e máis dolorosas) e incluso desaparición da
menstruación en mulleres afectadas polo VIH. Débese en ocasións
a trastornos alimentarios (como a falta de nutrientes, perda de peso,
a anemia), e o descenso das defensas do sistema inmunolóxico ou
incluso como consecuencia dalgúns fármacos. É tamén usual a
aparición de infeccións no tracto xenital, sendo frecuentes a
candidiase ou a herpes.
É importante que no caso de detectar algún de estes problemas,
poñerse en contacto co xinecólogo ou especialista, pois é posible
que a situación requira atención médica.
-INFECCIÓNS DO APARELLO XENITAL.
Entre as principais
infeccións que afectan ao
aparello xenital das
mulleres seropositivas
destacan; a candidiase, o
herpes e as verrugas
xenitais.
23.
-Candidiase: está provocadapor un fungo (candida) que habita
normalmente na vaxina e causa a infección cando se multiplica por
unha diminución das defensas. Ás veces a toma dalgúns
antibióticos pode favorecer o crecemento das Candidias. Esta
infección provoca molestias, escozor vaxinal e da vulva, e presencia
en ocasións de fluxo branquecino.
O tratamento debe ser recomendado por un especialista pero
existen recomendacións que poden chegar a diminuír os sintomas e
a evitar a transmisión da infección:
-Utilizar compresas en lugar de tampóns.
-Utilizar bragas de algodón e pasarlle o ferro para destruir os
fungos.
-Utilizar preservativos en caso de contacto entre pene, vulva, ano
ou boca.
-Utilizar mecanismos de barreira se realizase sexo con outra muller.
A candidiase vaxinal pode transmitirse ao frotar un sexo con sexo,
sexo con boca e por compartir xoguetes sexuais.
-Se se utiliza o diafragma hai que esterilizalo xa que os fungos
pódense depositar nel.
-A candidiase tamén se pode atopar no pene do home xa que é
unha infección.
-Utilizar preferentemente lubricantes con base de auga xa que
aqueles que non conteñen productos químicos favorecen a irritación
xenital.
-Aplicarse iogures tipo “bio” na zona afectada.
-A algunhas persoas foilles útil tomar zume con aloe vera ou
facerse baños coa pulpa de aloe vera.
-Herpes: o virus da herpes simple é o causante do herpes xenital. A
infección caracterízase pola aparición de lesións con aspecto de
úlceras pequenas en xenitais e ano. O contaxio prodúcese por
contacto directo coas lesións. É posible que recomenden
tratamentos con fármacos para trata-la infección, pero ademais as
seguintes recomendacións axudan a aliviar os síntomas:
-A violeta de xenciana e o iodo aplicado nas lesións pode diminuír a
dor.
24.
-En caso deescozor ó ouriñar pode aliviarse ouriñando nun baño de
auga quente.
-Evitar o contacto no caso de presencia de feridas por herpes na
boca ou ao redor dos labios.
-Verrugas xenitais: certos tipos de virus de Papiloma humano son
os causantes desta infección que se presenta con lesións en forma
de coliflor. É posible que produzan dor se se infectan ou sangran ou
pode que non produzan molestias. É moi importante un bo control
xinecolóxico e a realización de citoloxías cada 3 ou 6 meses xa que,
algúns tipos de verrugas están relacionados coa aparición dun
cáncer de cérvix e outros cánceres da zona xenital.
O contaxio prodúcese por contacto directo coas lesións, polo que é
importante e recomendable utilizar sempre o preservativo dende o
inicio das relacións sexuais. No caso de verrugas grandes o
tratamento consiste na extirpación quirúrxica.
PRE-CÁNCER E CÁNCER CERVICAL.
Entendemos por pre-cáncer a aparición de lesións que conteñen
algunhas células anormais localizadas á entrada do cérvix ou útero
e que, sen o tratamento axeitado poderían evolucionar a cáncer.
Existen estudios que demostran que os pre-cáncer teñen maior
tendencia a progresar con maior rapidez en mulleres seropositivas.
É importante a detección precoz a través de exploracións e controis
xinecolóxicos , xa que actualmente os pre-cáncer teñen fácil
tratamento.
25.
7. EMBARAZO EVIH.
A decisión de ter un fillo hoxe en día é un tema en calquera caso
que merece especial reflexión. É unha decisión que cambia a vida e
supón un alto grado de responsabilidade e compromiso. Optar por
ter ou non ter un fillo é hoxe unha decisión voluntaria da muller e a
súa parella.
-Pode unha muller quedarse embarazada se é seropositiva?
Pode haber numerosas opinións a favor e en contra, sen embargo o
mellor é informarse ben e valorar a situación de saúde emocional,
as propias forzas e os recursos cos que se podería contar para
educar ese fillo. É fundamental que a decisión esté ben
reflexionada. Non se debe esquecer que existe o risco de transmitir
o VIH ao fillo e que este risco será máis baixo canto mellor
controlada está a infección do proxenitor. No caso de que unha
muller seropositiva se quede embarazada e non desexe ter ese
bebé, a lei admite o dereito á interrupción voluntaria do embarazo.
No caso de levar a cabo o embarazo, nada más nacer o bebé será
examinado para detectarlle o virus VIH.
Se a muller se atopa ben controlada da infección (cunha carga viral
indetectable e defensas óptimas) as posibilidades de transmisión na
actualidade son moi baixas (entre 0-2%), pero non hai que esquecer
26.
que existe aposibilidade de que o virus sexa transmitido durante o
embarazo e sobre todo durante o parto.
O feito de que o neno teña anticorpos ó nacer non implica que esté
infectado, xa que os seus anticorpos poden responder aos da nai e
non ser seus propios. Tódolos fillos de nais seropositivas presentan
anticorpos e estes negativízanse ao redor dos catro meses despois
do parto nun 98-100%.
-Cando podería quedarse embarazada?
Unha vez que se conte con toda a información necesaria, o mellor
momento determínao a parella en conxunto. Para evitar ao máximo
o risco para a saúde da nai e do fillo é aconsellable:
·Ter un control médico periódico para saber o número de T4 e a
carga viral, xa quen un sistema inmunolóxico debilitado o embarazo
pode empeorar a saúde.
·Non padecer calquera outra patoloxía asociada que puidese
interferir co embarazo (enfermidades oportunistas, ETS, problemas
asociados ó uso de substancias adictivas, etc.)
-Pode amamantar ao seu fillo unha muller seropositiva?
Existe o risco de transmitir o VIH a través do leite, así que a
lactancia materna debe evitarse.
-Que ocorre se un home é negativo e unha muller seropositiva
e queren ter un fillo?
Ante a posibilidade de que ao intentar quedarse embarazada, a
muller lle transmita o virus ao home, na actualidade hai varias
opcións para evitalo.
Unha delas acudir a unha clínica ou servicios de reproducción
asistida especializada no manexo de este tipo de técnicas.
27.
-Que se faino caso contrario de seriscordancia?
Ao igual que no caso anterior, existe o risco de que o proxenitor lle
transmita o virus á muller. Unha opción é a reproducción asistida.
-Qué se fai no caso de que ambos sexan positivos?
Neste caso é importante ter en conta o risco de que a outra persoa
se reinfecte e se pasen as mutacións que poidan existir dos seus
virus. Se de todos xeitos se decide manter relacións sexuais sen
protección o máis axeitado é planificalas co fin de conseguir un
embarazo nas menores exposicións posibles, na época fértil. Antes
é necesario asegurarse de que ambas persoas son fértiles e non
teñen nese momento ningunha ETS, e o control da infección é
axeitado. Convén falar co médico especializado antes de tomar a
decisión.
Para reducir máis os riscos cabe a posibilidade de facer
autoinseminacións, para elo débese acudir a recibir máis
información no centro de atención xinecolóxica.
6. ENTREVISTAS:
Entrevista I
· Antes do acontecido, tiña información suficiente acerca do SIDA?
· Cales foron os seus primeiros síntomas?
· En que momento descubriu vostede que estaba afectado polo VIH
e como o descubriu?
· Podería describirnos como se sentiu ó coñecela noticia?
· Despois de isto, como llo comunicou a súa familia?
· En canto a medicación, revisións etc. Como é o seu día a día?
· Cambiou a súa forma de vela vida dende entón, é decir, houbo un
antes e un despois?
28.
· De quemaneira influe isto na vida en parella? E no seu grupo de
amigos?
· E, finalmente, cre que a sociedade é o suficientemente
compresiva con persoas coma vostede?
Entrevista II
· Antes do acontecido, tiña información suficiente acerca do SIDA?
· Cales foron os seus primeiros síntomas?
· En que momento descubriu vostede que estaba afectado polo VIH
e como o descubriu?
· Podería describirnos como se sentiu ó coñecela noticia?
· Despois de isto, como llo comunicou a súa familia?
· En canto a medicación, revisións etc. Como é o seu día a día?
· Cambiou a súa forma de vela vida dende entón, é decir, houbo un
antes e un despois?
· De que maneira influe isto na vida en parella? E no seu grupo de
amigos?
· E, finalmente, cre que a sociedade é o suficientemente
compresiva con persoas coma vostede?
29.
7. ESTATÍSTICAS.
Mundial:
A rexióndo planeta máis gravemente afectada pola epidemia da
SIDA é a rexión do sur de África:
Este punto do planeta é un dos máis gravemente afectados pola
súa pobreza, o que conleva a que as condicións para previla SIDA
son nulas.
30.
En África:
8. BIBLIOGRAFÍA.
-Vivire convivir. (Libro administrado polo Centro de Planificación
Familiar)
-Convivir con el VIH (Libro administrado polo Centro de
Planificación Familiar)
.
-Centro de Planificación Familiar. Coa colaboración das
coordinadoras do centro de Monforte de Lemos.
-AYUDAR A VIVIR POSITIVAMENTE. (LIBRO) (VALL D´HEBRON
HOSPITAL UNIVERSITARIO), indispensable para este traballo xa
que del sacamos moita información.
31.
- PÁXINAS WEBCONSULTADAS:
http://usuarios.lycos.es/grupal/sida.htm
http://www.blogmedicina.com/tag/sida/
www.old.hegoa.efaber.net/graphics/hegoa-
pages/SidaAfrica&imgrefurl=http://old.hegoa.efaber.net/topics/docu
mentacion/boletines/HegoaCdocBoletin9&usg=__qUgzpP4YNUqcl
MKr58d0m-
4y8IA=&h=661&w=716&sz=45&hl=es&start=50&tbnid=Ba0oRV4JfB
4O_M:&tbnh=129&tbnw=140&prev=/images%3Fq%3Dsida%26gbv
%3D2%26ndsp%3D20%26hl%3Des%26sa%3DN%26start%3D40
-Medicina y ética, Ignacio Alberola, Juan Moya. Libros MC,
Ediciones Palabra, S.A., Madrid. 1991.
-http://publications.paho.org/spanish/Libros_SIDA_HIV.pdf
AGRADECEMOS A COLABORACIÓN POR PARTE DO CENTRO
DE PLANIFICACIÓN FAMILIAR DE MONFORTE DE LEMOS E ÁS
PERSOAS QUE NOS OFRECERON O SEU TEMPO E AXUDA
PARA AFONDAR NESTE TEMA.
CABE MENCIONAR A ATENCIÓN POR PARTE DO NOSO
PROFESOR, XOSÉ RAMÓN CASANOVA.