PRINCIPAIS HIPÓTESES SOBREA ORIXEN DA VIDA As teorías son as seguintes: ABIOXENESIS E A XERACIÓN EXPONTÁNEA (2) PANSPERMIA (3) ORIXE QUIMICO DA VIDA
2.
ABIOXENESIS E A XERACIÓN EXPONTÁNEA ABIOGENESIS Y A XERACIÓN ESPONTANEA Explica que a vida se orixinou a partir da materia inerte. Esta idea dominaba no mundo da ciencia dende a época dos filósofos gregos e durou ata o século XVIII. Foi Aristóteles quen sostiña que os animais e plantas se orixinaban por xeración espontánea a partir de restos de seres vivos en descomposición
3.
ORIXE QUIMICO DAVIDA E n 1922 o bioquímico ruso Oparín, deu a coñecer a primeira hipótese coherente sobre a orixe da vida sobre a terra. Segundo este científico, a aparición da vida foi precedida por un longo periodo de evolución química, a partir da atmósfera primitiva reductora (metano, vapor de auga, amoníaco, SH 2 , etc.) que por medio das radiacións uv, descargas eléctricas, enerxía dos volcáns, se orixinou materia orgánica que foi arrastrada cara ao océano primitivo, formándose o caldo primordial estas moléculas chocaron entre se e deron lugar a macromoléculas, e algunhas adquiriron a capacidade de replicación. Estas macromoléculas reorganizáronse e illáronse por medio de membranas, aparecen os coacervados a partir dos cales se orixinan as células de organización primitiva (procariotas).
4.
EXPERIMENTO DE MILLERMiller comprobou experimentalmente a hipótese de Oparín, para iso creou un aparello que reproducia as condicións da atmósfera primitiva. No aparello fixo ferver vapor de auga, metano, amoniaco, hidróxeno, ácido sulfhídrico, etc., e someteu a mestura a descargas eléctricas. Ao cabo duns días analizou o líquido resultante e encontrou moitas moléculas orgánicas entre as cales había aminoácidos. Posteriormente modificáronse as condicións experimentais e a mestura de gases e obtivéronse outras moléculas orgánicas como nucleótidos
5.
EVOLUCIÓN . Éa rama da Bioloxía que se refire a todos os cambios que orixinaron a diversidade dos seres viventes na Terra, dende as súas orixes ata o presente. • Proceso de cambio continuo das características dos seres vivos, a través de os cáles desenvólvense, xeración tras xeración, novas adaptacións, que son causa da diversidade entre as especies procedentes dun antepasado común e tamén son responsables da aparición de novas especies.
6.
TEORÍAS EVOLUCIONISTAS. FIX ISMO Estamos no século XVIII e as ideas imperantes en Europa son que os seres vivos foron creados tal e como xa os coñecemos, que son inmutables e non cambian co tempo. Estas ideas, fixismo creacionista , baséanse nas crenzas xudeo-cristiás do Xénese segundo as cales: 1-O mundo e todo o que hai foi creado en seis días e tería só uns 6.000 anos. 2-Deus creou as especies tal e como son agora e son inmutables, non cambian. Dous importantes científicos fijistas foron Linneo e Cuvier.
7.
TEORÍAS EVOLUCIONISTAS. TRANSFORMISMOAo fixismo opúxoselle o transformismo, a versión máis moderna , o evolucionismo, do cal foi abríndose paso a partir do século XVIII e sobre todo no XIX . Para os científicos evolucionistas os seres vivos cambiaban ao longo do tempo a partir doutros preexistente, dando lugar a especies novas e diferentes cada vez máis complexas • Dous importantes científicos evolucionistas foron Lamarck e Darwin.
PROBAS PALEONTOLÓXICAS .O estudio dos fósiles dános unha idea moi directa dos cambios que sufriron as especies ao transformarse unhas noutras; existen moitas series de fósiles ( series filoxenéticas ) de plantas e animais que nos permiten reconstruír como se foron adaptando ás cambiantes condicións do medio.
13.
PROBAS ANATÓMICAS A anatomía comparada estuda as características anatómicas e as transformacións que estas presentan durante a evolución. Comparando órganos diferentes distínguense dúas clases de órganos: Órganos homólogos . Órganos análogos .
14.
ORGANOS HOMÓLOGOS Sonórganos cunha mesma orixe e estruturas semellantes pero diferentes por realizar funcións distintas, por exemplo: a á dun morcego, a pata dun cabalo, a aleta dunha balea ou a extremidade prénsil dun primate. A homoloxía débese a un proceso de evolución diverxente ou adaptación dun mesmo órgano a finalidades e medios distintos: voar, carreira, nadar, trepar.
15.
ÓRGANOS ANÁLOGOS Sonórganos con diferente orixe pero que presentan un aspecto semellante por ter unha finalidade similar. Por exemplo a á dun insecto e a á dunha ave. A analoxía indica unha evolución converxente por adaptación de estruturas diferentes a un mesmo medio ou finalidade: voar
16.
PROBAS BIOXEOGRÁFICAS Unhadas probas ou evidencias máis demostrativas do feito da evolución é a distribución xeográfica dunha serie de grandes aves: 1) a avestruz de África, 2) o ñandú de Sudamérica, 3) o casuario e o emú de Australia, só se pode explicar mediante as teorías da evolución e da tectónica de placas .
17.
PROBAS EMBRIOLÓXICAS Baséanseno estudio do desenvolvemento embrionario dos seres vivos. Aquelas especies que teñen un maior parentesco evolutivo mostran maiores semellanzas nos seus procesos de desenvolvemento embrionario. As similitudes nas primeiras etapas do desenvolvemento embrionario dos vertebrados demostra a existencia dun antepasado común.