TRABALLANDO INTELIXENCIAS
ENTRE A UNIVERSIDADE E A ESCOLA
Nestes últimos días o colexio público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero)
converteuse nun lugar de encontro entre o alumnado de 5º de Educación Infantil e alumnado do
Grado de Mestres/as de Educación Infantil da Escola Universitaria de Formación do
Profesorado de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta
experiencia foi que futuros mestres e mestras puxeran en práctica un banco de actividades
deseñadas para desenvolver as intelixencias múltiples en nenos e nenas de catro anos.
Dende as materias do Grado de Mestre/a de Educación Infantil de “Proxectos e
innovación educativa” e "Organización e cuestión de aula" a profesora Lina Iglesias Forneiro,
destaca a importancia de que os futuros docentes coñezan novas formas de ensinar e aprender a
través das intelixencias múltiples de Gadner. Isto quere dicir que non hai unha única
intelixencia, senón que ser intelixente supón unha morea de habilidades e capacidades en moitos
ámbitos diferentes da vida, existindo oito intelixencias. Así mesmo, aposta tamén así pola
necesidade de poñelo en práctica en contextos reais, con nenos e nenas.
Por outra banda, o centro Virxe da Cela xa ven de traballar e realizar nestes últimos
anos encontros entre Universidade e Escola con outras experiencias, tesitura que aproveitou a
titora do grupo de 5º de educación infantil Beatriz Páramo Iglesias para defender este encontro e
dar a coñecer novas formas de traballar diferentes ao traballo en “ficha” en Educación Infantil.
O venres 4 de novembro os futuros mestres Alejandro González Lopez, Alba Méndez
Lopez, Wendy Alejandra Pinillo Paz e Sara Pérez Gómez desenvolveron para traballar a
intelixencia musical e a intrapersonal uns xogos e contos para indagar sobre que son as
emocións para finalmente “bailar as emocións”: bailar segundo a emoción que nos transmitían
diferentes músicas e sons. E o venres 11 de novembro, Laura Bañobre Vázquez, Julio Losada
Romero, Marta Martínez Pardo, Emma Neira Núñez, Ana Rodríguez Fernández e Ana Santos
Veiga, a través de xogos, a interpretación de dous contos e a exploración libre de diversos e
diferentes instrumentos, “pintaron música”. Isto é que os nenos e nenas pintaban segundo o que
sentían cando escoitaban diferentes músicas e sons, para potenciar a intelixencia musical,
cinético corporal e espacial-visual.
A experiencia para todas as partes implicadas resultou moi enriquecedora, compartindo
aprendizaxes e vivencias que de seguro se volverán a repetir en outros anos.

Traballando intelixencias entre a universidade e a escola

  • 1.
    TRABALLANDO INTELIXENCIAS ENTRE AUNIVERSIDADE E A ESCOLA Nestes últimos días o colexio público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) converteuse nun lugar de encontro entre o alumnado de 5º de Educación Infantil e alumnado do Grado de Mestres/as de Educación Infantil da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta experiencia foi que futuros mestres e mestras puxeran en práctica un banco de actividades deseñadas para desenvolver as intelixencias múltiples en nenos e nenas de catro anos. Dende as materias do Grado de Mestre/a de Educación Infantil de “Proxectos e innovación educativa” e "Organización e cuestión de aula" a profesora Lina Iglesias Forneiro, destaca a importancia de que os futuros docentes coñezan novas formas de ensinar e aprender a través das intelixencias múltiples de Gadner. Isto quere dicir que non hai unha única intelixencia, senón que ser intelixente supón unha morea de habilidades e capacidades en moitos ámbitos diferentes da vida, existindo oito intelixencias. Así mesmo, aposta tamén así pola necesidade de poñelo en práctica en contextos reais, con nenos e nenas. Por outra banda, o centro Virxe da Cela xa ven de traballar e realizar nestes últimos anos encontros entre Universidade e Escola con outras experiencias, tesitura que aproveitou a titora do grupo de 5º de educación infantil Beatriz Páramo Iglesias para defender este encontro e dar a coñecer novas formas de traballar diferentes ao traballo en “ficha” en Educación Infantil. O venres 4 de novembro os futuros mestres Alejandro González Lopez, Alba Méndez Lopez, Wendy Alejandra Pinillo Paz e Sara Pérez Gómez desenvolveron para traballar a intelixencia musical e a intrapersonal uns xogos e contos para indagar sobre que son as emocións para finalmente “bailar as emocións”: bailar segundo a emoción que nos transmitían diferentes músicas e sons. E o venres 11 de novembro, Laura Bañobre Vázquez, Julio Losada Romero, Marta Martínez Pardo, Emma Neira Núñez, Ana Rodríguez Fernández e Ana Santos Veiga, a través de xogos, a interpretación de dous contos e a exploración libre de diversos e diferentes instrumentos, “pintaron música”. Isto é que os nenos e nenas pintaban segundo o que sentían cando escoitaban diferentes músicas e sons, para potenciar a intelixencia musical, cinético corporal e espacial-visual. A experiencia para todas as partes implicadas resultou moi enriquecedora, compartindo aprendizaxes e vivencias que de seguro se volverán a repetir en outros anos.